Inicio
Texto de botón
Texto de botón

Texto de botón

ordenanza
Texto de botón


Esta Web está subvencionada por el Ayuntamiento de Ponferrada

 

 
Inicio Ciprés de la Anunciada Valores - Galego

Mapa del Web


  Volver
PLAN DE CONSERVACIÓN
Y RESTAURACIÓN DEL
CIPRÉS DE LA ANUNCIADA

Anterior | Siguiente

 Valoración do Ciprés da Anunciada

VALOR HISTÓRICO E CULTURAL

O Mosteiro da Anunciada foi fundado o 24 de abril de 1606 por D. Pedro de Toledo, quinto Marqués de Vilafranca e Virrei de Nápoles. Nel ingresaría como membro da Orde de Santa Clara, a súa filla Dña. María de Toledo, recibindo o nome de Sor María da Trinidade. Segundo recolle a tradición oral o Ciprés da Anunciada foi plantado por ela.

Dende aquela toda unha serie de acontecementos, tradicións, lendas, actos de recollimento, etc… veñense desenvolvendo xunto a esta árbore senlleira. Así, conta a tradición oral do Mosteiro que estando un día rezando Sor María da Trinidade tivo unha evocadora visión do Neno Xesús, que a levou ata o Ciprés, actualmente as irmás celebran este acontecemento, o domingo do Bo Pastor, reuníndose arredor do Ciprés nunha merenda-cea onde reviven antigas cancións. Todos estes acontecementos e significados están recollidos e documentados en actas e arquivos da Orde.

Poucas árbores hai cun valor simbólico tan evidente e claro como o do ciprés, asociado a recintos relixiosos na cultura cristiá, árbore sempre verde, sempre viva, símbolo da inmortalidade da alma e da vida eterna. O Ciprés da Anunciada é, sen dúbida, un símbolo vivo, árbore compañeira de partida e viaxe, mestra e guía.

VALOR PAISAXÍSTICO

O Ciprés da Anunciada, situado na parte alta da horta do Mosteiro como árbore aillada, foi plantada tamén, cunha clara función de fito na paisaxe, xa que permite a localización do Convento e facilita a orientación na vila e o val.

Dende o punto de vista paisaxístico, o desenvolvemento e mellora das infraestructuras viarias que se levaron a cabo no val distorsionaron e interferiron, visual e acusticamente, na función de recollimento que se estructurou a carón do Ciprés.

VALOR SOCIAL

Non cabe dúbida que o ciprés da Anunciada é un claro referente cultural para os veciños de Vilafranca e de todo o Bierzo, que traspasa sen dificultade as fronteiras naturais que conforman esta comarca enmarcada na ruta Xacobea, e polo tanto frecuentada por turistas e peregríns de todo o mundo.

VALOR BOTÁNICO

Segundo refiren os informes técnicos previos, na análise dendrométrica efectuada en 1985 mediante sonda Pressler, o corex obtido revelou unha idade de 370 años con +- 10 anos de erro. Deste  dato podemos deducir que a idade estimada da árbore na actualidade será duns 400 anos.

Dito estudo tamén nos informa da altura total da árbore, estimada en 42 metros mediante hipsómetro, mentras que o tronco posue un diámetro de 1.54 m. a 1.30 metros de altura do chan. Fai uns anos  produciuse a rachadura da parte terminal de copa da árbore como consecuencia da instalación natural dun niño de cegoñas, que evidentemente fixo diminuir a súa altura total.

Estes datos sobre a súa idade e dimensións, revelan o alto valor botánico do individuo, xa que é pouco frecuente, no noso país, atopar cipreses desta especie que as acaden. O seu valor monumental non pasou desapercibido, xa no século XVIII, chamou a atención ao insigne ilustrado Antonio Ponz.

O 1995, o libro “Árboles Singulares de la provincia de León”, editado polo diario “La Crónica 16 de León”, recolle na súa ficha primeira ao Ciprés da Anunciada, posto sen dúbida merecido por ser a árbore máis alta da provincia. E no “Catálogo de Especímenes Vegetales de Singular Relevancia de Castilla y León”, de próxima proclamación mediante Decreto, aparece, como unha das árbores de maior relevancia en Castela e León.

Finalmente, no libro “ÁRBOLES MONUMENTALES DE ESPAÑA”, publicado este mesmo ano de 2004 pola Compañía Loxística de Hidrocarburos CLH, S..A., de Madrid, o Ciprés da Anunciada figura como o máis antigo e de maior altura existente en todo o territorio español.

 


Anterior | Siguiente

© A Morteira 2006.
Resolución de pantalla recomendada 1024x768
Mapa del Web | Contacto | Añadir a favoritos